Pensa no reto, dos tres enumerados, que máis se adapte á túa experiencia e aos teus coñecementos e nunha idea que achegue unha solución ou mellora deste.

Enche o formulario cos teus datos, escolle o reto ao que prefires sumarte e a túa solución ou idea. Se podes envía tamén un pequeno vídeo contando esa idea ou por que che gustaría participar neste programa.

A diferenza dun curso tradicional, nesta actividade contamos coa túa creatividade, coa túa experiencia e coas túas ganas de facer que as cousas sexan mellores e diferentes. Todo isto terase en conta para escollerte como participante.

Desde a ACIS contactarase cos profesionais seleccionados.

Envía os teus datos antes do 19 de marzo.