Monthly Archives: mayo 2018

OS PROTAGONISTAS EN ACCIÓN

Finalmente estes son os títulos dos prototipos realizados polos tres grupos para cada un dos retos. E por suposto chegou o momento de presentar aos seus protagonistas!

RETO 1

A SANIDADE DE PEDRO. Cómic interactivo

Os autores son:
  • Violeta Graña Pacheco. Enfermeira na EOXI de Pontevedra
  • Luis Miguel Pérez Álvarez. Persoal de Servizos Xerais na EOXI de Santiago
  • Pilar Rodríguez Ledo. Médico na EOXI de Lugo
  • Sandra Yáñez Mesía. Médico Pediatra na EOXI de A Coruña
  • Lorenzo Armenteros del Olmo. Médico na EOXI de Lugo

RETO 2

SENSIBILIZACIÓN NO USO DE MEDICAMENTOS. Caso práctico en vídeo

Ideado e realizado por:
  • Agustina Fernández Pérez. Farmacéutica na EOXI de Lugo
  • Begoña Graña Suárez. Médica oncóloga na EOXI de A Coruña
  • Mercedes Pereira Pía. Farmacéutica na EOXI de Lugo
  • Miguel Ángel Talavera Valverde. Terapeuta ocupacional na EOXI de Ferrol
  • David Camanzo Ricciardi. Enfermeiro na EOXI de Pontevedra

RETO 3

HABILIDADES SOCIALES Y EMOCIONALES PARA PROFESIONALES

Con autoría de:
  • Roberto González Boubeta. Médico xinecólogo na EOXI de Vigo
  • María Elsa Rodríguez Viña. Técnica en coidados auxiliares de enfermaría na EOXI de A Coruña
  • María Carmen Sousa Pereiro. Auxiliar Administrativo na EOXI de Vigo
  • Miriam Vázquez Campo. Enfermeira na EOXI de Ourense

SEGUNDO OBRADOIRO

Neste 26 de abril cambiamos de escenario desprazándonos ata o laboratorio de innovación social dixital “La Molinera”, en Ourense, que nos sirve para cambiar de aires e traballar nun entorno aberto e inspirador, alonxado dos hospitais e outros lugares nos que traballamos.

Comezamos de novo cunha posta en común do estado actual das liñas desenvolvidas por cada grupo tendo en conta os avances que realizaron ao longo das dúas semanas transcorridas dende o primeiro obradoiro.

O grupo que traballa no Reto 1, coa súa idea de “Consulta compartida”, presentou os seus avances na definición dos contidos que transmitirán no seu prototipo. Daranlle formato de cómic educativo e dedicarán esta tarde completa a traballar nestes sobre o papel. Con posterioridade ao obradoiro traballarán en liña con unha ferramenta específica para darlle forma.

Os grupos que traballan nos Retos 2 “Sensibilización no uso de medicamentos”3 “Adestramento en habilidades sociais” daranlle ao seu prototipo formato de vídeo. Comezan presentado o contido específico que queren transmitir, que ilustrarán coa escenificación de casos prácticos baseados en situacións que se dan na realidade do traballo diario. Acto seguido comezan coa gravación, utlizando as cámaras dispoñibles en La Molinera e probando, no caso do Grupo 2, a gravar cunha cámara de 360 graos, por ver a posibilidade de apreciar no resultado toda a interacción entre os intervinientes no vídeo, que no seu caso representan a pacientes e profesionais.

Unha xornada con moita acción, moita creatividade e moito bo humor!

 

Álbum fotográfico do segundo obradoiro